miércoles, 9 de septiembre de 2015

Por fin chegada dos celadores a Barbanza

Por fin dende o 1 de Septembro o centro xa conta cos celadores, reinvidación histórica dos seus traballadores e traballadoras. De momento comenzan catro celadores a realizar as tarefas, que ata agora eran realizadas polas auxiliares de enfermería, que a partir de agora, veránse un pouco máis aliviadas, e traballarán nas mesmas condicions que o resto dos hospitais da rede pública do Sergas.

Noticia na voz de galicia, chegada dos celadores

o hospital xa conta con cinco celadores, según a Voz de Galicia

lunes, 25 de junio de 2012

Seguimos entregando firmas á Consellería

Esta maña representantes da xunta de persoal do Hospital da Barbanza, entregaron no Rexisto da Xunta de Galicia, unha boa cantidade de escritos feitos polo persoal Auxiliar de Enfermería do centro, para recordarlle á Consellería que seguimos sin celadores.

Fai xa máis de catro anos, que o centro está integrado na rede pública do Sergas, e aínda non se dotou ó centro con esta categoría profesional, tendo que ser as auxiliares de enfermería, as que realicen as tarefas deste colectivo, ademáis das propias da súa categoría.

A Xunta de persoal do centro, xa fixo entrega de escritos e firmas parecidos á consellería e sempre co mesmo motivo, pedindo que se dote ó centro ca categoría de celadores, escritos que polo de agora non deron fruto.

Desde aqui recordar, que o Hospital da Barbanza, xunto co Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, A Coruña, son os únicos centros que non teñen esta categoría; o comarcal do Salnés, en Vilagarcía os inclúe nas súas plantillas o pouco tempo de integrarse no Sergas.
A Xunta de persoal do centro, seguirá con medidas ata conseguilo.

Noticia xentileza canal Rías Baixas

domingo, 19 de febrero de 2012

A loita pola categoría de Celadores no Barbanza podería estar vendo a luz

Segundo o publicado no xornal A voz de Galicia, do pasado 17 de febreiro de 2012, a Xunta de Galicia, estudiará a creación da categoría de celador no Hospital da Barbanza, segundo tamén o manifestado pola conselleira de sanidade, cando visitou o centro fai uns días.

Si esto se fai realidade, terminaráse cunha demanda dos traballadores do hospital e dos delegados sindicais, demanda que foi apoiada en varias ocasións polos representantes dos distintos partidos políticos, e pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza, pero de momento non se chegou a conseguir.

Agardamos, que neste momento se consigan e se termine xa coa diferencia cos profesinais desde centro con respeto ós demáis hospitais do Sergas, recordemos que aqui as funcións dos celadores son realizadas polos auxiliares de enfermería.

Aproveitamos dende aquí para dar as grazas á Consellería por estudar o tema como se merece.
Mentras tanto, seguiremos na nosa loita: ! Queremos celadores no Hospital da Barbanza !

Mira a noticia na Voz de Galicia, edición Barbanza

sábado, 4 de junio de 2011

Aumentan os expedientes no Valedor do Pobo pedindo os celadores para o Barbanza


Segundo o publicado hoxe no xornal A Voz de Galicia, neste ano aumentaron os expedientes dirixidos á oficina do Valedor do Pobo, enviados para pedir a dotación de celadores para o Hospital Comarcal. Polo momento a Consellería non se ha pronunciado ó respeto. Temos que ter en contra que neste intre chegaron o noso centro profesionais, por mor do concurso de traslados do Sergas e do Proceso de Oposición, que acadaron aquí os seus destinos, e están sendo discriminados pola administración ó carecer o centro desta categoría, facendo que as auxiliares de enfermería e outros profesionais fagan estas funcións.


Recordar que xa o Valedor, Dn Benigno López no seu informe dicía "O Valedor do Pobo, publica no seu boletín oficial de Marzo de 2010 á recomendación que lle fai á Consellería de Sanidade para que dote de celadores a este centro, informándolle de que recibiu a día de hoxe varias queixas do personal que reflexan a situación actual, estas queixas fan
referencia á carencia de celadores no Hospital do Barbanza, o que
provoca, segundo membros do persoal deste, que os auxiliar de
enfermaría e servizos xerais se vexan obrigados a asumir as funcións de
trasladar os pacientes ás probas, de entregar documentación ou recibir
material, entre outras,así como as propias da categoría."

Multiplicación dos expedientes no Valedor, pedindo os celadores para Barbanza

Noticias publicadas con anterioridade sobre o tema

Queixas sobre a falta de celadores

miércoles, 6 de abril de 2011

Pedimos celadores e nos envían policías

Membros do Comité de Empresa do Hospital da Barbanza, acompañados por Ana Luisa Bouza, deputada do BNG, e Lage Tuñas, deputado do PSOE presentaron máis de 2000 firmas na Consellería de Sanidade en Santiago pedindo os celadores para o Hospital da Barbanza, centro que leva máis de 3 anos integrado no Sergas, e coa falta de celadores.
Por parte da administración, enviaron os policías autonómicos para controlar a entrega das firmas, feito que foi rechazado polos deputados.

Entrega das firmas pedindo os celadores

Pedimos celadores e nos envían policías

Rechazo ós medios na entrega das firmas na conselleria

martes, 5 de abril de 2011

O Comité de Empresa do Hospital barbanzano reune máis de 2000 firmas pedindo os celadores

O Comité de Empresa do Hospital Comarcal da Barbanza, reune máis de 2000 firmas dos usuarios do centro, pedindo á Consellería que dote de unha vez por todas ó Hospital cos celadores.
O Centro leva xa máis de 3 anos integrado no Sergas, e carece de celadores, asumindo estas funcións as auxiliares de enfermería producíndose un agravio comparativo con outros centros do Sergas e unha verdadeira discriminación dos traballadores e dos usuarios desta zona, ó non contar cos mesmos servicios que os usuarios de centros como O Salnés, antes tamén xestionado por unha Fundación Pública, como o Hospital da Barbanza, que sigue estando sen celadores.
O Comité de empresa do Hospital da Barbanza reune máis de 2000 firmas pedindo os celadores á Conselleria

martes, 29 de marzo de 2011

Gran participación dos traballadores na Asamblea Informativa do Comité de Empresa



O Comité de Empresa do centro, convocou ós traballadores hoxe martes as 14.30 na sala de docencia, para informar sobre a posible privatización do servicio de Diálisis do hospital, neste intre a consellería de Sanidade está tendo contactos coa Fundación Iñigo Alvarez de Toledo, para gestione a asistencia ós pacientes dializados na zona de Barbanza.
Para nós como comité este é un atentado contra a sanidade pública da comarca, o prestar un servicio de forma privada dentro dun hospital público.
Representantes desta Fundación privada, xa visitaron as instalacións do noso hospital.

Tanto os traballadores do centro como o propio Comité de empresa nos preocupa esta situación, xa que é a porta de entrada á privatización dentro do noso centro.
Deixamos aqui o enlace a web da Fundación FRIAT, onde a sua presidenta di que é unha Auténtica Empresa
Fundación FRIAT, Privatización do servicio de diálisis

Noticia Gentileza A Voz de Galicia, O Personal protesta frente á privatización da diálisis no Barbanza

El Sergas dice que lo está estudiando