Mostrando entradas con la etiqueta Facernos oír. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Facernos oír. Mostrar todas las entradas

lunes, 7 de febrero de 2011

Asamblea Informativa












O próximo xoves día 10 de febreiro o Comité de Empresa do hospital da Barbanza, invita a todos os traballadores a unha asamblea informativa, para falar sobre os celadores.
Como sabedes levamos máis de dous anos integrados na red Sergas, somos persoal estatutario pero aquí non chegan os celadores, o resto do personal está a facer dobre función, as súas propias e as que noutros centros fan os celadores.
Nesta ocasión o comité pregunta ós traballadores do centro, si está disposto a que se lle escoite, que farían para reclamalos...porque como sabedes o comité e os sindicatos necesitamos do apoio e a forza dos traballores.
Únete e non faltes, o próximo xoves 10 as 14 horas na aula de docencia do centro.

Se queres ampliar pincha aqui: Noticia xentileza Certo, xornal dixital

viernes, 14 de mayo de 2010

viernes, 30 de abril de 2010

Gran éxito na concentración


Hoxe os traballadores do Hospital da Barbanza, nos concentramos ás 12h na porta principal co obxetivo de pedir que se dote o noso centro con celadores.
Os profesionais do centro estiveron acompañados polo Comité de Empresa, que leva xa bastante tempo con esta reinvidicación, facendo escritos ó Valedor do Pobo, reuníndose cos políticos da zona...etc e tamén acudiron membros do BNG e do PSOE da comarca.







Noticia La Voz de Galicia sábado 01/05/2010

Noticia en Tele Salnés Barbanza con video

Noticia no Diario A Voz de Galicia

O PSOE urxe á xunta que dote ó Barbanza de Celadores antes do verán

Petición Urxente de Celadores PSOE no Parlamento

Noticia Xentileza Xornal Certo Barbanza

jueves, 22 de abril de 2010

Volvemos á estar na prensa

Segundo o publicado hoxe no diario A Voz de Galicia, o Sergas subraya o elevado custo que supón incluir celadores dentro dos hospitais de Barbanza e de Cee.
No escrito remitido por parte da Dirección Xeral do Sergas ó Valedor do Pobo, en resposta as queixas emitidas polos traballadores e traballadoras destes centros, tamén fan alusións ó elevado custo que isto suporía, e que os nosos centros, que antes estaban xestionados por fundacións públicas carecían desta categoría, pero o que non din e que ahora estamos integrados de pleno dereito dentro do sergas, e que os celadores son categorías con funcións concretas, cun estatuto que recolle as súas funcións, e que os celadores forman parte da estructura de postos de traballo do Sergas.
¿Viven no pasado? ¿Non lle importan os traballadores das exfundacións?
¿ Cómo o Sergas consinte estas diferencias dentro da mesma administración?

O non existir esta categoría estáse prexudicando gravemente a outras categorías, que se ven obrigadas a realizar as funcións propias e tamén as dos celadores.
Dende aqui animarvos a seguir enviando queixas ó Valedor do Pobo.

Enlace a noticia:

O Sergas subraya o elevado custo que supón incluir celadores nas nosas plantillas

lunes, 28 de diciembre de 2009

O que máis nos pode axudar é facernos oír.


Esta páxina ten como obxectivo primordial difundir e reivindicar a falta de Celadores nos Hospitais dá Barbanza en Ribeira e Virxe dá Xunqueira en Cee.

Esta iniciativa, xunto con outras que pronto estarán en marcha, son realizadas de forma conxunta polos Comités de Empresa de ambos hospitais.

¿Como axudarnos?

Podes facelo coas suxestións que hai na páxina, pero sobre todo enlazando ou difundindo a nosa mensaxe. O que máis nos pode axudar é facernos oír.

Máis abaixo mostrámosche o escrito que se remitiu á Conselleira de Sanidade con 2.376 firmas de apoio. E tamén como colaborar connosco máis activamente.

Grazas por colaborar e apoiar esta iniciativa.


Comité de Empresa Hospital da Barbanza. Comité de Empresa Hospital Virxe da Xunqueira.