Mostrando entradas con la etiqueta Falla de Celadores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Falla de Celadores. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de junio de 2012

Seguimos entregando firmas á Consellería

Esta maña representantes da xunta de persoal do Hospital da Barbanza, entregaron no Rexisto da Xunta de Galicia, unha boa cantidade de escritos feitos polo persoal Auxiliar de Enfermería do centro, para recordarlle á Consellería que seguimos sin celadores.

Fai xa máis de catro anos, que o centro está integrado na rede pública do Sergas, e aínda non se dotou ó centro con esta categoría profesional, tendo que ser as auxiliares de enfermería, as que realicen as tarefas deste colectivo, ademáis das propias da súa categoría.

A Xunta de persoal do centro, xa fixo entrega de escritos e firmas parecidos á consellería e sempre co mesmo motivo, pedindo que se dote ó centro ca categoría de celadores, escritos que polo de agora non deron fruto.

Desde aqui recordar, que o Hospital da Barbanza, xunto co Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, A Coruña, son os únicos centros que non teñen esta categoría; o comarcal do Salnés, en Vilagarcía os inclúe nas súas plantillas o pouco tempo de integrarse no Sergas.
A Xunta de persoal do centro, seguirá con medidas ata conseguilo.

Noticia xentileza canal Rías Baixas

domingo, 19 de febrero de 2012

A loita pola categoría de Celadores no Barbanza podería estar vendo a luz

Segundo o publicado no xornal A voz de Galicia, do pasado 17 de febreiro de 2012, a Xunta de Galicia, estudiará a creación da categoría de celador no Hospital da Barbanza, segundo tamén o manifestado pola conselleira de sanidade, cando visitou o centro fai uns días.

Si esto se fai realidade, terminaráse cunha demanda dos traballadores do hospital e dos delegados sindicais, demanda que foi apoiada en varias ocasións polos representantes dos distintos partidos políticos, e pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza, pero de momento non se chegou a conseguir.

Agardamos, que neste momento se consigan e se termine xa coa diferencia cos profesinais desde centro con respeto ós demáis hospitais do Sergas, recordemos que aqui as funcións dos celadores son realizadas polos auxiliares de enfermería.

Aproveitamos dende aquí para dar as grazas á Consellería por estudar o tema como se merece.
Mentras tanto, seguiremos na nosa loita: ! Queremos celadores no Hospital da Barbanza !

Mira a noticia na Voz de Galicia, edición Barbanza

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Xa pasaron máis de dous anos....

Non fai falta tirar de hemeroteca....

Pasaron máis de dous anos dende a integración dos nosos hospitais no Sergas e non sabemos nada da chegada dos celadores....por ahí se escoita, pasado o verán, antes de rematar o ano, todo son promesas de todos, pero a realidade e outra....estamos en decembro do 2010 e tanto Barbanza coma Cee seguen sen celadores, en ninguha aproximación de que cheguen.

Noticia para recordar e non esquecer "O Hospital do Salnés incorpora 18 Celadores"

noticia relacionada " Médicos do hospital do Salnés denuncian o seu deterioro"

domingo, 7 de noviembre de 2010

Celadores antes de rematar o ano

Segundo o publicado hoxe na Voz de Galicia, o deputado Lage Tuñas, segue defendendo o Hospital Comarcal, denuncia a falta de personal e de celadores no centro, deficiencia que é coñecida pola consellería dende fai meses, pedindo que chegen os celadores antes de rematar este ano.
Agora súmase a este deterioro a falta de citas, tal e como redacta o períodico, o complexo non dá citas ós usuarios.
Lage Tuñas asegurou que, dende a chegada do PP á Xunta, «o goberno galego está deteriorando a calidade do complexo sanitario barbancés pechando periodicamente as axendas para as consultas especializadas».

Se queres ampliar a noticia, fai click aqui:

Deterioro do Hospital

Noticia ampliada no Xornal Certo

sábado, 4 de septiembre de 2010

O PP rechaza no Parlamento a chegada dos celadores ó Hospital da Barbanza


O PP rechaza no Parlamento Galego a moción presentada polos demáis partidos de dotar ó Hospital da Barbanza de celadores.
as reivindicaciones do comité de empresa do centro, chegaron ó parlamento galego da man dunha proposición non de ley presentada polo PSOE, apoyada tamén polo BNG.

Dende o comité preguntamonos, que pasa co noso centro? porqué somos traballadores de segunda? ou usuarios de segunda? porqué aquí existe este agravio comparativo? esta discriminación dos traballadores?
Todos os hospitais do Sergas traballan con celadores, incluso hospitais coma o nóso agora tamén integrados na Rede Sergas, como ocurre co Hospital do Salnés en Vilagarcía contan con 21 celadores dentro das súa plantilla.

Lee a nova na Voz de Galicia

Lee a nova no Correo Galego

Non entendemos como esta proposta foi rechazada no Parlamento, cando nunha iniciativa municipal no Concello de Riveira, do que temos a gravación do Pleno foi apoiada por todos os partidos políticos incluído o PP.

Noticia en Certo sobre a dotación de celadores

viernes, 27 de agosto de 2010

Seguimos sin celadores

Na Voz de Galicia de hoxe, sae a noticia de que os socialistas instan á xunta a que dote de celadores ó Hospital Barbanzano antes de que remate setembro.

Como diría eu, que os vira!!!!!!!!!!!

Os socialistas lembran nesta noticia que xa enviaron unha inciativa parlamentaria por este motivo, que foi tamén apoiada por outros partidos sensibilizados co problema que sofre este centro e o colectivo de persoal auxiliar de enfermería, que é no que descarga en mayor medida a falla de celadores, xa que as tarefas deste persoal teñen que ser asumidas polo personal de enfermería, co conseguinte enlentecemento da asistencia sanitaria e da sobrecarga de traballo.
Tamén temos que recordar que este centro está integrado na red sanitaria do Sergas, pero os seus profesionais están nunha situación ben distinta ós que traballan en hospitais tradicionais do sergas, falla de celadores, menos persoal, menos recursos e por suposto tamén sofren esta discriminación os usuarios do centro, que son os destinatarios finais.

Fai click aqui para ampliala noticia Xentileza de A Voz de Galicia

Dende aquí o noso agradecemento o Sr. Lage e o seu partido.

Falla de Persoal

martes, 3 de agosto de 2010

Malestar pola falta de Celadores no Hospital do Barbanza

Segundo o publicado no diario A Voz de Galicia, o deputado Lage Tuñas do PSOE Galego, reitera o seu malestar pola falta de celadores no centro barbanzano, e a falta de solucións por parte do goberno da Xunta.

Lage insiste en que a Consellería debe escoitar ós usuarios é tamén o persoal do centro.
O PSOE reuníuse co Comité de empresa do hospital e coñece de primeira man as súas inquedanzas.


Se queredes ampliala noticia, facede click aqui:

Malestar pola falta de celadores no Hospital da Barbanza

miércoles, 7 de julio de 2010

Nace APROCINS

Segundo o publicado na web " El Rincón de Celador, Fernocas", nace a Asociación Nacional para a promoción profesional do celador en institucións sanitarias.
Esta iniciativa a nivel nacional, ten como obxetivo o crecemento dos celadores e o seu recoñecimento como profesionais dentro do ámbito sanitario nacional, tal e como nos contan na sua Web o seu único obxetivo é a cualificación profesional dos celadores e a súa promoción
Xa existen tamén iniciativas iguais en Galicia, como é o caso da Asociación AGACIS,Asociación Galega de Celadores de institucións sanitarias.

Dende aqui, moito ánimo...a seguir loitando....os celadores son necesarios e forman parte das institucións sanitarias.

Asociación Aprocins

martes, 1 de junio de 2010

2ª Concentración Celadores 31 Maio de 2010



Os traballadores do Hospital da Barbanza volvemos a manifestarnos pedindo os celadores para o centro...levamos xa casi dous anos sin obter resposta por parte da administración, polo que o Comité de Empresa xunto cos traballadores decidimos realizar unha serie de concentracións continuadas. Esta foi a segunda, o 31 de maio de 2010.

Dende o Comité de empresa non descartan enviar escritos á Directora de RRHH do Sergas, que é quen ten a potestade de dotar ó centro de celadores.

Segue a noticia na prensa....

Máis noticias na Voz de Galicia

Conversas co Director- Xerente na Voz de Galicia

miércoles, 26 de mayo de 2010

2ª Concentración Celadores


O próximo luns 31 de Maio de 2010 os traballadores do Hospital da Barbanza, volverán a concentrarse solicitándo os celadores para o centro.

Non faltes, aféctanos a todos.

Noticia sobre a concentración

sábado, 22 de mayo de 2010

O PSOE solicita de novo os celadores para Barbanza

O parlamentario Lage Tuñas visitou onte a comarca do Barbanza, chegou á Pobra e ali falou de todas as cuestións pendentes do goberno, facendo referencia á situación da sanidade na comarca, a carencia de celadores no hospital, a situación que obriga a un só radiólogo asumir a asistencia no hospital de Cee, Salnés e Barbanza, a asistencia á muller que vai ser ofrecida por unha matrona, que segundo os socialistas non pode sustituir á asistencia prestada por un Xinecólogo...

Se queres ampliar á noticia, fai click no enlace xentileza da Voz de Galicia

O PSOE exixe que se incremente o personal do hospital e se dote con Celadores

viernes, 14 de mayo de 2010

Artigo sobre os celadores, Barbanza e Cee

O pasado 11 de Maio, a Cig-saúde publica na súa Web un artigo sobre a situación actual no Sergas da categoría de celador, a súa reinvidicación da actualización da cualificación profesional, adaptándose as funcións actuais, e como non a falla destes profesionais nos hospitais comarcais de Barbanza e de Cee; o non ter celadores nestes centros empeora a asistencia sanitaria e afecta a outros colectivos, como é o caso das auxiliares de enfermería, cas cales a administración incurre nun acto discriminatorio, xa que noutros hospitais si hai celadores e nestes centros estes profesionais fan as dúas funcións, soportando unha máis elevada carga de traballo, e empeorándose a asistencia ós doentes.

Máis información en :
Cualificación e falla de Celadores en Barbanza e Cee

Noticia xentileza de :
Cig Saúde O Barco

martes, 27 de abril de 2010

Concentración Celadores

O Comité de Empresa do Hospital da Barbanza convoca o todos os traballadores, usuarios e a todos os que estén dacordo con esta loita a unha concentración o vindeiro venres 30 de abril as 12.00 na porta principal do centro, co motivo da petición dos
celadores para o noso hospital.


Mañán as 12.00 da mañán na entrada principal concentración polos Celadores Hospital da Barbanza

Non falles, afectanos a todas/os.



Noticia no Xornal Certo Barbanza

Noticia en el Rincón del Médico

Noticia en La Voz de Galicia

domingo, 25 de abril de 2010

UGT presenta unha reclamación ó Sergas pedindo Celadores

O sindicato de UGT, como xa fixeron no seu momento outros sindicatos, e os propios comités de empresa xunto co apoio dos partidos políticos; envían unha reclamación á Dirección Xeral do Sergas solicitando a incorporación de celadores nos Hospitais de Barbanza e de Cee.
Na súa reclamación fai alusión a que a falla de celadores nestes centros está perxudicando a outras categorías, como é o caso das auxiliares de Enfermería, que desta forma realizan as súas funcións propias e tamén as funcións que realizan os celadores.

Tamén di que están incurrindo nun incumplimento do Art 17. a do Estatuto Marco, que di que todos os traballadores teñen dereito a realizar o seu traballo dacordo coas funcións inherentes ó seu posto de traballo.

Se queres ampliar a noticia, fai click aqui:

Reclamación UGT Celadores Barbanza y Cee

martes, 6 de abril de 2010

Entrevista a Manuel Ruiz

Atopamos no diario dixital "Clave informativa do Barbanza", unha entrevista que lle fan a Manuel Ruiz, voceiro do PP de Galicia no Parlamento galego.
Dentro desta entrevista, preguntánlle pola chegada dos celadores ó Hospital da Barbanza, e polo heliporto e a súa posta en funcionamento.
En canto os celadores fala, que é un tema pendente do seu goberno, pero que agora neste momento non é prioritario, que ten máis prioridade solucionar a problemática das listas de espera.

Copiamos aqui a parte da entrevista que fala sobre estes temas:

" O BNG anunciaba que manifestaría no Parlamento as deficiencias en canto a persoal e equipamento existentes no Hospital do Barbanza con respecto a outros medios públicos, ¿a sanidade segue a ser un tema pendente na comarca?

As queixas neste senso eran debidas á falla de celadores. Este é un dos poucos hospitais que non conta con celadores. Había un compromiso, que nos seguimos mantendo, de dotalo deste tipo de persoal pero dado os recursos temos que establecer unhas prioridades. Á cabeza destas está a redución das listas de espera e logo iranse solucionando as demais.

¿E como seguen as xestións para dotar a esta infraestrutura dun heliporto?

Diríamos que unha das grandísimas xestións do bipartito foi facer un heliporto onde non hai permiso para aterrar. Ademais era un problema coñecido, porque cando se iniciaron as xestións houbo problemas e o proxecto botouse atrás polas dificultades que tiñan os pilotos para aterrar en situacións metereolóxicas contrarias e polo arborado. A isto debémoslle sumar a falla de proximidade do lugar coa zona de urxencias. É precisamente preto desta área, o lugar considerado máis razoable para a ubicación do heliporto dado que estamos a falar de traslados de gravidade.
O problema do Bipartito foi que non souberon xestionar a compra, expropiación ou arranxo amistoso duns terreos lindantes coa zona de urxencias, inmediacións nas que normalmente soen estar ubicados os heliportos noutros hospitais. Agora o problema está en vías de solución a través da tala de pinos e xestión cos veciños pero, polo razoamento explicado, penso que os profesionais seguen pensando que non era o lugar idóneo. "


Noticia sobre os celadores no Barbanza, Xentileza de Clave informativa do barbanza

viernes, 26 de marzo de 2010

Máis Celadores para O Salnés

Segundo o publicado o pasado día 16 de marzo de este ano, amplíase a plantilla de celadores no Hospital do Salnés en 3 máis o que fan o total de 21 celadores dentro da súa plantilla.
A este aumento de celadores súmase a contratación dunha supervisora de enfermeria, sete enfermeiras e seis auxiliares de enfermería, todo isto grazas á posta en funcionamento da terceira planta de hospitalización neste centro, que como vedes vai por diante de nós e de Cee.

  • ¿ Porqué se producen situacións tan dispares dentro da misma administración?
  • ¿ Cándo chegarán os celadores a Barbanza e ó Virxe da Xunqueira de Cee?

    Máis celadores no Salnés Noticia gentileza de: Comité da Xunqueira

    Catorce traballadoller máis para o Salnés
  • viernes, 19 de marzo de 2010

    Queixas sobre a falla de celadores no Hospital da Barbanza

    Segundo o publicado pola Voz de Galicia do 18 de marzo de 2010, han chegado queixas de usuarios do noso hospital, sobre a problemática da falla de celadores. Na queixa os reclamantes din que a falla de celadores no complexo sanitario, é unha situación que obliga ás auxiliares de clínica a asumir as funcións dos celadores ademáis das funcións que teñen asignadas dentro da súa categoría.
    Incluso está publicado no Boletín de prensa do propio Valedor:

    Boletin Valedor do Pobo

    Queixas ó Valedor

    No escrito no que o valedor do Pobo, Dn Benigno López lle recomenda a consellería de Sanidade que dote ó noso hospital con celadores e que poña todas as actuacións necesarias para tal fin, a consellería através da Dirección Xeral de RRHH do Servicio Galego de Saúde, din que " non aceptan a recomendación do valedor xa que incluir ós celadores no cadro de persoal, ten que ser valorado, xa que isto supón un elevado custo económico e ademáis somos un centro que debido ó noso funcionamento, carecemos de celadores dende fai anos"

    Dende aqui decirvos, que cada un faga as súas propias reflexións sobre o tema...
    ¿Somos Sergas ou que somos? ¿ temos os mesmos dereitos como traballadores cos nosos compañeiros doutros centros que si teñen celadores? ¿ porqué temos que asumir as funcións dos celadores? ¿ Porqué os nosos pacientes non reciben a mesma atención que nos centros con celadores?

    O que si está claro e recoñecido é que no noso centro éstase incurrindo nunha situación de agravio e de discriminación cos nosos traballadores, xa que existen centros que antes tamén estaban xestionados por fundacións públicas, que xa teñen celadores e incluso van incorporando máis de maneira gradual, segundo a necesidade, como ocorre no Hospital do Salnés en Vilagarcía.

    viernes, 12 de marzo de 2010

    O Valedor do Pobo insta á Consellería de dotar de celadores ó Hospital da Barbanza

    O Valedor do Pobo, publica no seu boletín oficial de Marzo de 2010 á recomendación que lle fai á Consellería de Sanidade ,para que dote de celadores a este centro, informándolle de que recibiu a día de hoxe varias queixas do personal que reflexan a situación actual, estas queixas fan
    referencia á carencia de celadores no Hospital do Barbanza, o que
    provoca, segundo membros do persoal deste, que os auxiliares de
    enfermaría e servizos xerais se vexan obrigados a asumir as funcións de
    trasladar os pacientes ás probas, de entregar documentación ou recibir
    material, entre outras,así como as propias da categoría.

    Se queres ampliála noticia, fai click no seguinte enlace:

    Boletín electrónico do Valedor do Pobo marzo 2010

    Recomendacións do Valedor á Consellería de Sanidade



    Noticia no xornal Certo

    martes, 9 de marzo de 2010

    ¿ Qué é un celador, que funcións ten?


    ¿ Qué é un celador? ¿ Qué funcións fai?

    Estas poden ser preguntas que vos facedes a miúdo, sobre todo os/as que non traballastedes con eles...pois ben son persoal estatutario, con unhas funcións moi concretas e recollidas nun estatuto que os ampara; de momento son considerados como persoal non sanitario, pero isto está a cambiar, xa que se trata dun persoal con funcións, a lo menos dentro dos hospitais, para os cales foi creada esta categoría, de apoio ó traballo doutras cartegorías; realizando traslados de pacientes ás probas, ós distintos servizos, traslado de mobiliario, de mostras, axuda na movilizacion, nos aseos dos pacientes encamados, axuda para levantalos...etc.
    Creo que debemos publicar o seu estatuto, onde se reflexan as súas funcións, leédelo, e que cada un reflexione sobre o que fai cada día.
    As fundacións forón creadas sen contar con estes profesionais,co puro afán de aforrar cartos, sendo as súas tarefas asumidas por outros profesionais, pero agora as cousas cambian, estamos dentro do sergas...e os celadores forman parte de él.

    Funcións dos celadores no seu Estatuto

    Noticias relacionadas:

    Celadores Sanitarios

    NOVIDADE
    Ampliación plantilla de celadores no Salnés coincidindo coa apertura da tercera planta de hospitalización

    Entrevista para a Web Fernocas, O Rincón do Celador

    martes, 2 de marzo de 2010

    Agora tócanos a nós: ¿cando chegarán os celadores a Barbanza e a Cee?


    Aquí vos vai un recordatorio do Hospital do Salnés, as noticias relacionadas cos celadores e co propio centro. Este centro conta xa con 18 celadores dentro do seu cadro de persoal.
    ¿ Qué vai pasar con Barbanza e co Virxe da Xunqueira de Cee?
    Participa no noso blog, deixa o teu comentario, escribe ó valedor.

    Para apoyar as nósas reivindicacións temos unhas chapas para todos co eslogan " EU NON SON CELADOR",