Mostrando entradas con la etiqueta Valedor do Pobo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Valedor do Pobo. Mostrar todas las entradas

lunes, 12 de abril de 2010

Todos/as á escribir ó Valedor

Como sabedes, moitos e moitas de nós, tanto de Barbanza coma de Cee, estamos á escribir ó Valedor do Pobo, através da súa web, e do seu servizo de queixas On line.

Cantos máis sexamos, cantas máis queixas entren na caixa do Valedor, máis transcendencia terá este tema, recordarvos que o Valedor fai un informe anual co número de queixas recibidas, tramitadas e aceptadas e se publica na prensa, en internet e na propia Web do Valedor.

Animádevos e escribide a vósa queixa, é moi sinxelo.
Dicide non á discriminación dos nosos centros, non a discriminación do noso persoal
Picade no seguinte enlace :

Deixa a túa queixa

Modelo de Queixa

viernes, 26 de febrero de 2010

Traballadores/as do Hospital da Barbanza escriben ó Valedor do Pobo

Traballadoras/es do hospital da Barbanza escriben ó Valedor do Pobo, para que medie no conflicto da inexistencia de celadores no centro.
O propio Valedor pónse en contacto coa Consellería de Sanidade que lle recoñece que non existen os celadores como categoría dentro deste centro, e que tamén estas funcións debido a isto son realizadas polas auxiliares de enfermería e en menor medida polos PSX.

O Valedor acepta á tramite a queixa interposta polos traballadores e traballadoras do centro e faille á consellería a seguinte Recomendación:

" Que polo servicio Galego de Saúde se dispoñan todas as actuacións necesarias para que no Hospital da Barbanza se creen as correspondentes prazas de celadores co fin de evitar que as auxiliares de enfermería que presten os seus servizos no mesmo realicen funcións distintas das que lle correspondan conforme ao establecido na Orde de 26 de abril de 1973, que contén o Estatuto do persoal auxiliar sanitario titulado e auxiliar de clínica da Seguridade Social, na súa sección 8ª do Capítulo VII ( que foi renumerada polo artigo 5 da OM 11 de decembro de 1984, correspondente, coa súa anterior Sección 7ª)"

Desde aqui as traballadoras e traballadores do Hospital da Barbanza, dámolle as grazas O Valedor do Pobo, por tratar este tema co respeto e importancia que se merece, apoyándo as nósas reinvidicacións.

Noticia no Diario de Arousa sobre O Valedor e os Celadores

Enlace á Web do Valedor onde podedes presentar as vósas queixas on line