viernes, 19 de marzo de 2010

Queixas sobre a falla de celadores no Hospital da Barbanza

Segundo o publicado pola Voz de Galicia do 18 de marzo de 2010, han chegado queixas de usuarios do noso hospital, sobre a problemática da falla de celadores. Na queixa os reclamantes din que a falla de celadores no complexo sanitario, é unha situación que obliga ás auxiliares de clínica a asumir as funcións dos celadores ademáis das funcións que teñen asignadas dentro da súa categoría.
Incluso está publicado no Boletín de prensa do propio Valedor:

Boletin Valedor do Pobo

Queixas ó Valedor

No escrito no que o valedor do Pobo, Dn Benigno López lle recomenda a consellería de Sanidade que dote ó noso hospital con celadores e que poña todas as actuacións necesarias para tal fin, a consellería através da Dirección Xeral de RRHH do Servicio Galego de Saúde, din que " non aceptan a recomendación do valedor xa que incluir ós celadores no cadro de persoal, ten que ser valorado, xa que isto supón un elevado custo económico e ademáis somos un centro que debido ó noso funcionamento, carecemos de celadores dende fai anos"

Dende aqui decirvos, que cada un faga as súas propias reflexións sobre o tema...
¿Somos Sergas ou que somos? ¿ temos os mesmos dereitos como traballadores cos nosos compañeiros doutros centros que si teñen celadores? ¿ porqué temos que asumir as funcións dos celadores? ¿ Porqué os nosos pacientes non reciben a mesma atención que nos centros con celadores?

O que si está claro e recoñecido é que no noso centro éstase incurrindo nunha situación de agravio e de discriminación cos nosos traballadores, xa que existen centros que antes tamén estaban xestionados por fundacións públicas, que xa teñen celadores e incluso van incorporando máis de maneira gradual, segundo a necesidade, como ocorre no Hospital do Salnés en Vilagarcía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario