martes, 29 de marzo de 2011

Gran participación dos traballadores na Asamblea Informativa do Comité de Empresa



O Comité de Empresa do centro, convocou ós traballadores hoxe martes as 14.30 na sala de docencia, para informar sobre a posible privatización do servicio de Diálisis do hospital, neste intre a consellería de Sanidade está tendo contactos coa Fundación Iñigo Alvarez de Toledo, para gestione a asistencia ós pacientes dializados na zona de Barbanza.
Para nós como comité este é un atentado contra a sanidade pública da comarca, o prestar un servicio de forma privada dentro dun hospital público.
Representantes desta Fundación privada, xa visitaron as instalacións do noso hospital.

Tanto os traballadores do centro como o propio Comité de empresa nos preocupa esta situación, xa que é a porta de entrada á privatización dentro do noso centro.
Deixamos aqui o enlace a web da Fundación FRIAT, onde a sua presidenta di que é unha Auténtica Empresa
Fundación FRIAT, Privatización do servicio de diálisis

Noticia Gentileza A Voz de Galicia, O Personal protesta frente á privatización da diálisis no Barbanza

El Sergas dice que lo está estudiando

No hay comentarios:

Publicar un comentario