
Incluso está publicado no Boletín de prensa do propio Valedor:
Boletin Valedor do Pobo
Queixas ó Valedor
No escrito no que o valedor do Pobo, Dn Benigno López lle recomenda a consellería de Sanidade que dote ó noso hospital con celadores e que poña todas as actuacións necesarias para tal fin, a consellería através da Dirección Xeral de RRHH do Servicio Galego de Saúde, din que " non aceptan a recomendación do valedor xa que incluir ós celadores no cadro de persoal, ten que ser valorado, xa que isto supón un elevado custo económico e ademáis somos un centro que debido ó noso funcionamento, carecemos de celadores dende fai anos"
Dende aqui decirvos, que cada un faga as súas propias reflexións sobre o tema...
¿Somos Sergas ou que somos? ¿ temos os mesmos dereitos como traballadores cos nosos compañeiros doutros centros que si teñen celadores? ¿ porqué temos que asumir as funcións dos celadores? ¿ Porqué os nosos pacientes non reciben a mesma atención que nos centros con celadores?
O que si está claro e recoñecido é que no noso centro éstase incurrindo nunha situación de agravio e de discriminación cos nosos traballadores, xa que existen centros que antes tamén estaban xestionados por fundacións públicas, que xa teñen celadores e incluso van incorporando máis de maneira gradual, segundo a necesidade, como ocorre no Hospital do Salnés en Vilagarcía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario