martes, 1 de marzo de 2011
Reunión cos políticos da zona
Acuden á nosa chamada membros e representantes do BNG de Riveira, coa súa candidata á alcaldía Dominga Brión ó frente, da Pobra con Rosana Pérez, de Pto do Son con Anxela Franco, do PSOE da Pobra con Teresa Guillán, de Boiro, con Juan Jesus Ares, PSOE de Riveira co seu candidato á alcaldía Andrés Fariña, o deputado polo PSOE Lage Tuñas, IPDR con Rosa Pose á cabeza, representantes do PP de Riveira, contando coa presencia da concellala municipal Herminia Pouso..., suplindo o candidato alcaldable por Riveira Manuel Ruiz....etc
Nesta ocasión o comité reúnese cos partidos políticos e os seus representantes tanto dos concellos coma das áreas de influencia do hospital como os deputados parlamentarios, para facerlles saber cales foron ata o de agora as súas movilizacións e reinvidicacións no tema da falta de celadores:
" fixemos escritos ó valedor do pobo, entregamos firmas pedindo os celadores á Conselleira de Sanidade, concentracións no centro, asambleas de traballadores...etc, Neste momento estamos recollendo escritos dos traballadores a modo de reclamacións individuais para presentar ante a Xerente do Sergas, temos pensado tamén involucrar os usuarios..."
"Ós partidos políticos lles pedimos apoio para esta loita, o hospital leva máis de dous anos integrado no Sergas e carece da figura de celador, perxudicándose gravemente a outros colectivos, fundamentalmente as auxiliares de enfermería, que están sendo discriminadas pola conselleria de sanidade, ó ter que facer as súas tarefas e as tarefas que noutros centros realizan os celadores, por todo isto nos gustaría contar co seu apoio e por isto facemos esta xuntanza cos políticos da zona".
Manifestaron apoiar ó comité de empresa e os traballadores do centro, e incluso estiveron dacordo en colaborar na recollida de escritos dos usuarios, manifestaron o BNG e O PSOE.
Dominga Brión e o seu partido di que todos os partidos deberían involucrarse e traballar xuntos para conseguir mellorar o hospital, conseguir esa dotación de celadores, facer eco destas reinvidicacións dos traballadores tamén entre os usuarios, asociacións...etc, manifestando o seu apoio co comité de empresa.
O candidato á alcaldía de Riveira, polo PSOE Andrés Fariña dinos que sería acertado falar e involucrar á mancomunidade de veciños de Arousa Norte, para obter así unha boa resposta por parte dos usuarios.
O partido popular fainos saber, que o seu candidato á alcaldía de Riveira non pode acudir por motivos de axenda pero si nos confirma que se reunirá en breve coa Xerente do Sergas, Dna Rocío Mosquera para tratar temas relacionados co noso hospital: os celadores, ampliación de servicios...etc.
Noticias relacionadas:
Apoio do Bng e da súa candidata á alcaldía Dominga Brión
Xornal Dixital Certo, van alá mais de dous ano sen celadores
O PP pide más prazas de diálisis para os usuarios
O deputado do PP Manuel Ruiz Rivas se reunirá coa xerente do sergas, dotar de celadores ó centro...
Respaldo unánime dos partidos políticos da zona para dotar ó hospital da Barbanza con celadores
Pídense os celadores para o hospital barbanzano
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario