viernes, 18 de febrero de 2011
O Psoe emite nova Petición de Celadores no Parlamento Galego
Pese a que a Xunta señalou nalgún momento que a inclusión dos celadores no centro sanitario Barbanzano non era prioritario, demostrando a súa falta de interés, tanto o comité de empresa como os traballadores do centro non se rinden...neste caso volven a contar co apoio do PSOE,que próximamente volverá presentar no Parlamento Galego unha proposición na que insta de novo á Xunta a crear a categoría profesional de celador no centro.
Recordar que fai máis dun ano, que os traballadores e o comité comenzaron as súas reivindicacións por este tema, e dous anos dende que presentaron máis de 2000 firmas de apoio ó tema, asignadas tanto polos traballadores e usuarios de Barbanza e de Cee no Rexistro do Sergas en Santiago e nesta ocasión tampoco obtiveron resposta por parte da administración.
Petición Celadores polo PSOE no Parlamento Galego
Noticia relacionada publicada por Certo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario