O Candidato á alcaldía de Riveira, Manuel Ruiz Rivas reúnese coa xerente do Sergas, Dna Rocío Mosquera, para tratar diversos temas relacionados co hospital da Barbanza; aplicación do proceso dixital os análisis de sintrom, que segundo di a consellerería se fará en todos os centros de saúde, evitando así desprazamentos dos usuarios ó hospital para facer este tipo de control, a necesidade da ampliación das prazas de pacientes con necesidades de diálisis, a falta de celadores no centro e a súa dotación, o centro de saúde mental e a construcción dun novo aparcadoiro, xa que o espazo existente é insuficiente.
"Os responsables do Sergas comunicáronlle a Ruíz Rivas que está previsto que o servizo de tratamento de Sintrom, que xa se ofrece en Porto do Son, se vaia ampliando a toda a área sanitaria despois de Ribeira, e que, unha vez formado o persoal, se preste nos centros de saúde. En canto á diálese, Sanidade está a estudar a súa prestación no futuro como servizo a domicilio.
En canto á dotación de celadores e á Unidade de Saúde Mental e o aparcadoiro do Hospital, os directivos da Consellería comprometéronse a estudiar solucións, que será abordadas nunha futura xuntanza."
Veremos que sucede co tema dos celadores, de momento quedan de estudálo...pero que se den presa, que non lles leve outros 3 anos.....
Noticia ampliada xentileza Xornal Certo
No hay comentarios:
Publicar un comentario