jueves, 17 de marzo de 2011

O Alcaldable polo PSOE de Riveira reúnese co Comité de Empresa


O Alcaldable polo PSOE de Riveira, Andrés Fariña, reúnese co Comité de Empresa do Hospital Barbanzano e nesta ocasión acude con representantes da Plataforma pola Sanidade Pública.
O Comité faille saber a carencia de persoal que ten este centro, necesidade que levan xa reinvindicando máis de 2 anos, o centro carece de celadores, sendo as súas tarefas asumidas por outro personal, co sumado deterioro da asistencia que se presta ós usuarios.

O candidato á alcaldía polo Psoe comprometeuse a trasladar estas demandas á Xunta e a converter "nunha prioridade a mellora do Hospital se os cidadáns me dan a súa confianza nas eleccións do 22 de maio", explicou Fariña.

Noticia ampliada Xentileza Xornal Certo

No hay comentarios:

Publicar un comentario