viernes, 26 de febrero de 2010

Traballadores/as do Hospital da Barbanza escriben ó Valedor do Pobo

Traballadoras/es do hospital da Barbanza escriben ó Valedor do Pobo, para que medie no conflicto da inexistencia de celadores no centro.
O propio Valedor pónse en contacto coa Consellería de Sanidade que lle recoñece que non existen os celadores como categoría dentro deste centro, e que tamén estas funcións debido a isto son realizadas polas auxiliares de enfermería e en menor medida polos PSX.

O Valedor acepta á tramite a queixa interposta polos traballadores e traballadoras do centro e faille á consellería a seguinte Recomendación:

" Que polo servicio Galego de Saúde se dispoñan todas as actuacións necesarias para que no Hospital da Barbanza se creen as correspondentes prazas de celadores co fin de evitar que as auxiliares de enfermería que presten os seus servizos no mesmo realicen funcións distintas das que lle correspondan conforme ao establecido na Orde de 26 de abril de 1973, que contén o Estatuto do persoal auxiliar sanitario titulado e auxiliar de clínica da Seguridade Social, na súa sección 8ª do Capítulo VII ( que foi renumerada polo artigo 5 da OM 11 de decembro de 1984, correspondente, coa súa anterior Sección 7ª)"

Desde aqui as traballadoras e traballadores do Hospital da Barbanza, dámolle as grazas O Valedor do Pobo, por tratar este tema co respeto e importancia que se merece, apoyándo as nósas reinvidicacións.

Noticia no Diario de Arousa sobre O Valedor e os Celadores

Enlace á Web do Valedor onde podedes presentar as vósas queixas on line

No hay comentarios:

Publicar un comentario