miércoles, 24 de febrero de 2010
O pleno local de Ribeira solicita os celadores para o Hospital da Barbanza
Os partidos políticos integrantes do pleno muncipal de Ribeira, solicitan en conxunto a chegada dos celadores ó Hospital da Barbanza á Xunta.
Tanto nacionalistas como populares presentaron unha enmenda nese sentido, que foi tamén apoyada polo partido independente IPDR.
Fíxose mención a que hospitais coma o noso, que antes tamén estaban xestionados segundo o modelo de fundación publica, como ocorre co Hospital do Salnés en Vilagarcía xa conta con celadores dentro das súas plantillas.
Segundo os concellais nacionalistas esta mellora é boa en todos os sentidos, non so para mellorar as condicións laborais das auxiliares de enfermería, colectivo que ata o de agora ven facendo esta función ademáis das funcións correspondentes según a sua categoría; senón que tamén é unha mellora para os usuarios, que recibirán unha mellor atención.
Esta demanda xa leva tempo sendo reinvidicada polo Comité de Empresa do centro barbanzano, que acudiron como espectadores o pleno do pasado luns.
Se queres ampliala noticia, fai click neste enlace xentileza de La Voz de Galicia:
O pleno ribeirense solicita os celadores para o Barbanza á Xunta de Galicia
A Corporación municipal ribeirense solicita á Xunta os celadores para o Barbanza- Diario de Arousa
Noticias Relacionadas:
O BNG súmase ó clamor de petición de celadores por todolos partidos políticos de Ribeira
Etiquetas:
Iniciativa Pleno Municipal Riveira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario