Na Voz de Galicia de hoxe, sae a noticia de que os socialistas instan á xunta a que dote de celadores ó Hospital Barbanzano antes de que remate setembro.
Como diría eu, que os vira!!!!!!!!!!!
Os socialistas lembran nesta noticia que xa enviaron unha inciativa parlamentaria por este motivo, que foi tamén apoiada por outros partidos sensibilizados co problema que sofre este centro e o colectivo de persoal auxiliar de enfermería, que é no que descarga en mayor medida a falla de celadores, xa que as tarefas deste persoal teñen que ser asumidas polo personal de enfermería, co conseguinte enlentecemento da asistencia sanitaria e da sobrecarga de traballo.
Tamén temos que recordar que este centro está integrado na red sanitaria do Sergas, pero os seus profesionais están nunha situación ben distinta ós que traballan en hospitais tradicionais do sergas, falla de celadores, menos persoal, menos recursos e por suposto tamén sofren esta discriminación os usuarios do centro, que son os destinatarios finais.
Fai click aqui para ampliala noticia Xentileza de A Voz de Galicia
Dende aquí o noso agradecemento o Sr. Lage e o seu partido.
Falla de Persoal
viernes, 27 de agosto de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario