Segundo o publicado hoxe no diario A Voz de Galicia, o Sergas subraya o elevado custo que supón incluir celadores dentro dos hospitais de Barbanza e de Cee.
No escrito remitido por parte da Dirección Xeral do Sergas ó Valedor do Pobo, en resposta as queixas emitidas polos traballadores e traballadoras destes centros, tamén fan alusións ó elevado custo que isto suporía, e que os nosos centros, que antes estaban xestionados por fundacións públicas carecían desta categoría, pero o que non din e que ahora estamos integrados de pleno dereito dentro do sergas, e que os celadores son categorías con funcións concretas, cun estatuto que recolle as súas funcións, e que os celadores forman parte da estructura de postos de traballo do Sergas.
¿Viven no pasado? ¿Non lle importan os traballadores das exfundacións?
¿ Cómo o Sergas consinte estas diferencias dentro da mesma administración?
O non existir esta categoría estáse prexudicando gravemente a outras categorías, que se ven obrigadas a realizar as funcións propias e tamén as dos celadores.
Dende aqui animarvos a seguir enviando queixas ó Valedor do Pobo.
Enlace a noticia:
O Sergas subraya o elevado custo que supón incluir celadores nas nosas plantillas
jueves, 22 de abril de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario