martes, 6 de abril de 2010

Entrevista a Manuel Ruiz

Atopamos no diario dixital "Clave informativa do Barbanza", unha entrevista que lle fan a Manuel Ruiz, voceiro do PP de Galicia no Parlamento galego.
Dentro desta entrevista, preguntánlle pola chegada dos celadores ó Hospital da Barbanza, e polo heliporto e a súa posta en funcionamento.
En canto os celadores fala, que é un tema pendente do seu goberno, pero que agora neste momento non é prioritario, que ten máis prioridade solucionar a problemática das listas de espera.

Copiamos aqui a parte da entrevista que fala sobre estes temas:

" O BNG anunciaba que manifestaría no Parlamento as deficiencias en canto a persoal e equipamento existentes no Hospital do Barbanza con respecto a outros medios públicos, ¿a sanidade segue a ser un tema pendente na comarca?

As queixas neste senso eran debidas á falla de celadores. Este é un dos poucos hospitais que non conta con celadores. Había un compromiso, que nos seguimos mantendo, de dotalo deste tipo de persoal pero dado os recursos temos que establecer unhas prioridades. Á cabeza destas está a redución das listas de espera e logo iranse solucionando as demais.

¿E como seguen as xestións para dotar a esta infraestrutura dun heliporto?

Diríamos que unha das grandísimas xestións do bipartito foi facer un heliporto onde non hai permiso para aterrar. Ademais era un problema coñecido, porque cando se iniciaron as xestións houbo problemas e o proxecto botouse atrás polas dificultades que tiñan os pilotos para aterrar en situacións metereolóxicas contrarias e polo arborado. A isto debémoslle sumar a falla de proximidade do lugar coa zona de urxencias. É precisamente preto desta área, o lugar considerado máis razoable para a ubicación do heliporto dado que estamos a falar de traslados de gravidade.
O problema do Bipartito foi que non souberon xestionar a compra, expropiación ou arranxo amistoso duns terreos lindantes coa zona de urxencias, inmediacións nas que normalmente soen estar ubicados os heliportos noutros hospitais. Agora o problema está en vías de solución a través da tala de pinos e xestión cos veciños pero, polo razoamento explicado, penso que os profesionais seguen pensando que non era o lugar idóneo. "


Noticia sobre os celadores no Barbanza, Xentileza de Clave informativa do barbanza

1 comentario:

  1. menos mentiras
    nadie se imaginaba tras estas declaraciones que este señor votara que no a los celadores en el parlamento, ya vemos una mentira más-.en el ayuntamiento se dijo si a los celadores,
    ahora digo si, agora no

    ResponderEliminar