miércoles, 17 de febrero de 2010

O partido ribeirense IPDR reúnese co comité de empresa do Hospital da Barbanza



Os membros do Comité de Empresa do Hospital da Barbanza,

reuníronse o pasado xoves 4 de febreiro cos representantes de Iniciativa Progresista de Riveira, IPDR, para falar da necesidadede ter celadores no centro asistencial.

Esta é unha reinvindicación dos traballadores dende que o centro se integrou no réxime estatutario do Sergas.

Os representantes dos traballadores, trasladaron ós representantes de IPDR ás súas inquedanzas, solicitándolles apoio e facéndolles saber que ó ter celadores, é unha medida necesaria para un mellor funcionamento do hospital, xa que as funcións destes profesionais están sendo realizadas por outros profesionais de distinta categoría, producíndose así un agravio comparativo cos demáis centros do Sergas é incluso con outros hospitais, que tamén seguían o modelo de xestión de fundación pública, como ocorre co Hospital do Salnés en Vilagarcía, que xa conta con 18 celadores na súa plantilla, ademáis de ir en detrimento da calidade asistencial prestada ós usuarios da zona de Barbanza.



No hay comentarios:

Publicar un comentario