domingo, 17 de enero de 2010

Reclamación no pleno municipal de Celadores para o Hospital da Barbanza


O BNG ven de presentar unha iniciativa municipal pola que demanda que o Pleno da Corporación Municipal de Ribeira inste á Consellería de Sanidade á creación, coa maior urxencia posible, da categoría de Celador no Hospital Comarcal da Barbanza cun número de postos acorde ao tamaño do Cadro de Persoal e á poboación que atende.

É demanda unánime de todos os usuarios e usuarias do Hospital da Barbanza a mellora da atención sanitaria que presta á poboación e, neste sentido, temos que coincidir coas xa longas reivindicacións do cadro de traballadores e do Comité de Empresa deste Hospital que teñen demostrado a inxusta discriminación que sofren a respecto doutros Hospitais que, tendo sido fundacións tamén no seu momento, a día de hoxe contan xa ca categoría de Celador no seu cadro de persoal, como é o caso do Hospital do Salnés, similar en poboación atendida ao do Barbanza.

Se queres ampliar a noticia, fai click aqui:

Reclamación no pleno municipal dos celadores

Petición de celadores para o Hospital da Barbanza- A Voz de Galicia 21/01/2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario