jueves, 28 de enero de 2010

O Deputado do PP Visita ó Comite de Empresa do Barbanza


Os representantes do Comité de Empresa do Hospital da Barbanza reuníronse onte mércores no propio centro co deputado do PP de Galicia, Manuel Ruiz Rivas, para facerlle conocer as necesidades e inquedanzas dos traballadores en materia de persoal e recursos humáns.

O hospital está xa plenamente integrado dentro do Sergas, pero todavía segue contando con menos persoal nas súas plantillas, ademáis de carecer da categoría profesional de Celador, función que ata o de agora está sendo realizada por outros profesionais; este tema preocupa moito ós representantes dos traballadores, xa que o consideran un agravio comparativo co resto dos profesionais, que traballan noutros centros do propio Sergas.

O deputado, escoitou as solicitudes dos traballadores, e manifestou estar moi preocupado por todo o relacionado co centro asistencial de Riveira, ó considerárse tamén un usuario máis do hospital.

No hay comentarios:

Publicar un comentario