Dende o pasado ano 2008, o persoal dos Hospitais Virxe da Xunqueira de Cee e Hospital da Barbanza en Ribeira, son a tódolos efectos persoal estatutario. Esto en base ao“Decreto 91/2007 do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Conselleria de Sanidade”.
En dito Decreto faise mención expresa aos Convenios colectivos dos anos 2002 e 2005 do persoal laboral do sector sanitario de Galicia, xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas, no senso de que o primeiro convenio colectivo unificou e igualou as condicións xerais das Fundacións, e o segundo estreitou as diferenzas relativas ás condicións de traballo entre o persoal do sector e o do réxime estatutario das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
O Decreto 91/2007 tamén recolle o siguinte: “Así mesmo, a homologación deberase producir nas condicións de traballo do réxime estatutario, de forma que os traballadores pasarán a participar dos dereitos e deberes do persoal estatutario en condicións de homoxeneidade para que o dereito de opción de integración sexa real e efectivo no eido estatutario, tendendo a evitar as discriminacións derivadas da existencia de réximes xurídicos distintos, eludindo a concorrencia de privilexios ou prexuízos pola pertenza a un ou a outro réxime xurídico”.
Do mesmo xeito, o 31 de decembro do 2008, extinguíronse as fundacións públicas sanitarias, integrándose como hospitais tradicionais do SERGAS.
Tendo en conta todo o anteriormente citado, e ao que en xeral alude o Decreto 91/2007, que non é outra cousa que a progresiva integración, a tódolos efectos, dos profesionais que desenrolan as súas funcións, tanto en estes Hospitais, coma noutros anteriormente xestionados como Fundacións Públicas; consideramos se teña en conta a petición, por parte dos traballadores, de incorporar a categoría profesional de Celador. Para que así realmente se complete unha integración, a cal, a día de hoxe, consideramos incompleta. Xa que a falta de dita categoría segue sobrecargando a moitos dos profesionais dos nosos Centros. Sendo tamén, ao noso entender, un agravio comparativo con algunha outra antiga Fundación, que sí conta con dita categoría profesional, como é a do Hospital do Salnés (1 de outubro 2008).
No hay comentarios:
Publicar un comentario